Para celebrar o Día da Candelaria, o día que casan os paxariños, e que xa están coma tolos a cantar para buscar a súa parella, queremos propoñervos un taller práctico para aprender dos cantos que estamos a escoitar agora da man do noso compañeiro Cosme Damián Romay Cousido. Iremos ata Elviña o domingo, 5 de febreiro do 2023, de 10:30 a 13:30h, para coñecer os falares de amor dos nosos paxaros.
Este taller está dirixido a estudantes e naturalistas entusiastas. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. As prazas son limitadas. Ao rematar o taller entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento co número de horas prácticas recibidas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación.
Tes ata o xoves, 2 de febreiro do 2023, ás 18h para inscribirte!!
Este taller ten un custo de:
- Socios/as G.N. Hábitat: 5 €
- Adultos/as (maiores de 14 anos): 10 €
Non perdades esta oportunidade!! Anímate a descubrir o interesante mundo dos cantos das aves con nós!!

Leave A Comment