Este xoves teremos unha nova visita dos nenos e nenas vinculados a Latento (expertos en Altas Capacidades). Desta volta desenvolveremos xuntos un taller de elaboración de cadernos de campo artesanais, onde cada neno fará e personalizará a man cadansúa libreta.
Nun mundo cada vez máis dixital, con multitude de recursos e aplicacións ao noso alcance que facilitan sen dúbida a aprendizaxe no ámbito ambiental, o caderno de campo tradicional (libreta, papel e lapis) continúa sendo unha ferramenta moi útil para iniciarse no mundo do naturalismo, xa que nos permite coller bos hábitos á hora de rexistrar as observacións que fagamos nas nosas saídas de campo, practicar o debuxo da natureza e mesmo servirnos de pequeno banco de mostras, onde gardar plumas, follas, pelos e demais elementos que nos permitan avanzar no noso coñecemento da natureza que nos rodea. E que mellor que facer o noso propio caderno!

Leave A Comment