De novo gran participación nesta edición, nenos e maiores de todas a idades achegáronse un ano máis á natureza a través do debuxo, mostrando as súas capacidades artísticas logo de participar no X Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.

Esta nova convocatoria foi denominada co título As beiras do encoro preténdese poñer en valor a importancia das marxes dos medios acuáticos, con especies que podemos ver nas beiras deste espazo natural. As ribeiras son importantes porque actúan como transición entre o medio acuático e o terrestre e son empregadas por moitas especies como corredores ecolóxicos, conectando uns espacios con outros e facilitando a conectividade entre das poboacións.

Este ano achegáronse un total de 213 ilustracións, dun total de 162 participantes, unha gran acollida, ao igual que nas edicións anteriores!

O reparto por categorías foi o seguinte:

  • 1ª Categoría (menores de 14 anos): 154 ilustracións, dun total de 120 participantes.
  • 2ª Categoría (maiores de 14 anos): 51 ilustracdións, dun total de 42 participantes.
  • Fora de concurso: 8 ilustracións que non cumpren a normativa do certame.

Moitas grazas a todos pola vosa participación!

Continuamos agora co proceso. Nos vindeiros días o xurado fará a selección das obras gañadoras, que serán publicadas na nosa web gnhabitat.org segundo o especificado no apartado 9 das bases reguladoras…Estade atentos!


Promove:                                          Colabora: