Os nenos e nenas de Latento súmanse a unha nova xornada no marco da nosa iniciativa BioDiversidade, coa que pretendemos acadar unha integración e participación activa no eido ambiental a través da colaboración con diferentes colectivos da sociedade. Toca agora achegarse con eles ao fermoso mundo das aves e das caixas niño, cun obradoiro onde procuraremos coñecer en detalle estes recursos e as súas características, xogando e aprendendo coa ensamblaxe dalgúns dos modelos existentes.

Ímolo pasar xenial!

#naturezainclusiva