Este sábado, 5 de novembro do 2022, de 10h a 14h, estaremos no visitaremos o Faro de Corrubedo (Ribeira) da man de Afundación – Obra Social ABANCA baixo a campaña “Traballando pola mellora do Patrimonio Natural” para retirar unha planta exótica invasora moi coñecida por nós, o Carpobrotus edulis. Neste entorno xa traballaramos con voluntariado ambiental de Afundación- Obra Social ABANCA no ano 2019 e queremos volver para seguir traballando no control desta especie exótica. Se queres axudarnos a evitar que se siga estendendo esta planta, acompáñanos.
A xornada é aberta ao público, así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment