O vindeiro mércores 02 de novembro rematamos a X promoción da Escola de Naturalistas, coa xa tradicional Mesa Redonda á que convidamos a grandes naturalistas e compañeiros para que nos falen das súas experiencias de campo, os seus inicios e outras historias relacionadas co medio natural. Un espazo de conversa, anécdotas e lembranzas co naturalismo como fío condutor.
A xornada terá lugar ás 20:30h no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña), e estarán connosco Fernando Ramos, Cosme Damián Romay, Juan Veiga (Cachy), Juanda Presa e Neus Marí-Mena, aos que lles adiantamos o noso máis sincero agradecemento.
Logo da relevancia desta xornada, ademais dos membros da Escola de Naturalistas poderán asistir á xornada un reducido número de plazas de público en xeral, ata completar o aforo. A participación é de balde mais as prazas son limitadas, polo que para poder asistir é imprescindible a inscrición previa (reserva de praza) a través do seguinte formulario:
Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación (capacidade do local). O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. No caso de non poder acudir, infórmanos da túa situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Tamén podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Animádevos e compartide connosco este encontro!
Dúbidas e comentarios no 981 135 014 | inscricion@gnhabitat.org

Leave A Comment