Esta semana tivemos o primeiro bloque do II Curso Práctico de Entomoloxía que se centrou en Coleópteros da man de Jorge Ramos, así que podemos anunciar os seguintes bloques. O seguinte bloque será centrado en Lepidópteros, bolboretas e avelaíñas, da man de Elia Pérez e Manuel Cernadas. Con eles aprenderemos a diferenciar as especies más comúns que podemos ver na nosa contorna e como estudalas. 

Elia Pérez: Xestora do G.N. Hábitat e Licenciada en Bioloxía pola Universidade de A Coruña, Máster en biodiversidade pola Universidade Autónoma de Madrid centrado na Lepidopteroloxía. Ten participado en diferentes xornadas e congresos, entre os que destaca o Congreso Español de Entomoloxía do ano 2015, no cal expuxo o seu estudo “Influencia de las carreteras A-4 y R-4 en los lepidópteros de la Reserva Natural “El Regajal-Mar de Ontígola””.

Manu Cernadas: Informático de profesión e naturalista de vocación, implicouse activamente no Grupo axudando na optimización dos procesos e técnicas desenvolvidas por G.N.Hábitat nos seus estudos. Dende hai anos comparte con Elia a paixón polos lepidópteros dos que levan detectado case 600 especies diferentes nos mostreos que realizan por todo o territorio galego.

Este bloque do II Curso Práctico de Entomoloxía: Lepidópteros dividirase en tres sesións: unha teórica e dúas practicas:

Charla e saída nocturna: Venres, 19 de agosto, de 19h a 21h, terá lugar a charla teórica na Aula da Natureza de Crendes (Abegondo) baixo a título: “Lepidópteros: cómo empezar a estudiarlos”. Logo terá lugar a primeira saída práctica coa colocación de trampas de luz para a observación de avelaíñas de 22 a 00h en Crendes (Abegondo).

Saída práctica: Domingo, 21 de agosto, de 10:30h a 13:30h, realizarase unha saída en Crendes (Abegondo) para poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos na charla e aprender a diferenciar as diferentes especies de bolboretas.

Este curso está dirixido a estudantes e naturalistas entusiastas. Así e todo, para a participación en calquera delas é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. As prazas son limitadas. Ao rematar o curso entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento co número de horas teóricas e prácticas recibidas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. 

Tes ata o xoves, 18 de agosto do 2022, ás 18h para inscribirte!!

 

Este curso ten un custo de:

  • Socios/as G.N. Hábitat: 8 €
  • Adultos/as (maiores de 14 anos): 15 €

O importe recadado deste bloque irá destinado INTEGRAMENTE a Brexa, Asociación de custodia do territorio. Esta entidade naceu en 2017 en Carral coa intención de preservar a Biodiversidade das terras ligadas ao río Brexa, afluente do río Mero. Co nome deste río, esta entidade de custodia comeza un gran traballo para conservar os espacios naturais para todos nós poidamos desfrutar deles.

Anímate a descubrir o mundo dos Lepidópteros con nós!!