Este sábado, 02 de abril do 2022, de 10:30 a 18:30h, faremos unha andaina nas Fragas do Eume. Será un roteiro duns 7 km á beira do río Eume para desfrutar dalguns dos recunchos mellor conservados do Parque Natural. Nel poderemos achegarnos á flora e fauna que pobla os bosques e ribeiras deste emblemático río.

Faremos parte do percorrido circular pola maña cunha parada para comer no campo á mitade de ruta (cada participante deberá achegar a súa comida). Despois do almorzo, e dun pequeno descanso, continuaremos o roteiro para voltar de novo ao punto de partida sobre das 18:30h. O horario de chegada é aproximado xa que depende do ritmo que levemos na xornada.

A xornada é de balde e abertas ao público. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado.

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

As actividades e os participantes nas mesmas respectarán as medidas que fosen establecidas pola autoridade competente, no marco da situación de emerxencia sanitaria derivada da COVID-19.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!