Este venres desenvolveremos unha xornada moi especial no marco dos nosos Encontros Naturalistas. Sairemos ao campo acompañados dos participantes do programa Teranga, unha iniciativa da Fundación Juan Soñador que pretende a atención integral ás persoas migrantes, procurando favorecer a inserción sociolaboral dos participantes co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida, velando polos seus dereitos e deberes na sociedade de acollida, e sensibilizando na interculturalidade como modelo de cidadanía.
Dende Hábitat poñeremos un novo gran de area neste fermoso proxecto (no que xa colaboramos en anos anteriores), fomentando a integración e o traballo en rede entre entidades, outros dos obxectivos que persegue este programa.
Faremos o posible para que todos os participantes se sintan coma na casa, aproveitando a divulgación ambiental e o goce na natureza como ferramenta de benestar.
Abofé que será unha estupenda xornada!

Leave A Comment