Ás portas do nadal, seguimos sen esquecer o noso compromiso coa natureza. E por iso imos celebrar unha xornada máis no marco da nosa iniciativa Hábitat sen lixo! Desta volta será da man dos compañeir@s de Down Coruña, cos que xa levamos desenvolvidas numerosas actividades a prol do coñecemento e a conservación da nosa contorna.

Nesta ocasión visitaremos a praia do Orzán, un areal urbano ligado á cidade da Coruña, no que aproveitaremos para facer unha labor de concienciación e voluntariado ambiental, recollendo os residuos que nos atopemos. Un tempo para a conversa, a reflexión e o traballo en equipo.

#naturezainclusiva