O vindeiro mércores 29 de setembro, realizaremos no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira) un taller de montaxe de caixas niño e refuxios de fauna, organizado pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC) en colaboración co G.N.Hábitat. A xornada terá por obxectivo dar a coñecer a importancia destas estruturas elaboradas a prol da natureza, que posibilitan un espazo de acubillo e cría para diferentes especies animais. Estes elementos, correctamente elaborados, instalados e mantidos, poden axudar a suplir a escaseza de refuxios naturais, facilitar a posta en marcha de estudos científicos, ao tempo que permitir o establecemento de certas especies beneficiosas (fauna útil) nun espazo determinado, optimizando a biodiversidade da contorna.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar de 11 a 13h. Para a participación na actividade é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat, a través do correo electrónico achegado na inscrición.

A xornada establece un recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 2h (1c por cada 10h de participación en actividades da OMA).

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios: inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!