Nestes días, da man dos usuari@s de ASPACE Coruña, desenvolveremos diversas actividades no marco da nosa iniciativa BioDiversidade, coa que pretendemos acadar unha integración e participación activa no eido ambiental, a través da colaboración con diferentes colectivos da sociedade. Nesta ocasión, realizaremos con eles un obradoiro de elaboración de moldes de pegadas de fauna en escaiola, e aprenderemos sobre a interpretación de indicios na natureza. Agardamos poder contaxiarlles a nosa paixón pola natureza!

#naturezainclusiva