O Grupo Naturalista Hábitat comprácese en anunciar que ven de adquirir diverso equipamento e publicacións científicas no marco da convocatoria DP0036 “Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o 2020”, establecido en réxime de concorrencia competitiva. Estes recursos, asumibles grazas á colaboración financieira da Deputación da Coruña, permitirán mellorar a capacidade de desenvolvemento das accións ambientais que leva a cabo a entidade de xeito cotiá.
O apoio da Adminitración pública ás propostas das ONGs, que procuran mellorar as súas capacidades, asúmese imprescindible, ao supoñer un factor revitalizante de cara ao denominado “Terceiro sector”. Concretamente, a Deputación da Coruña, como institución comprometida coa promoción dos diferentes ámbitos da sociedade, ten a posibilidade de favorecer na medida das súas capacidades aqueles investimentos a prol da divulgación, o estudo e a conservación do patrimonio provincial. Nesta liña, a aprobación da proposta presentada polo Grupo Naturalista Hábitat, permite reflectir o compromiso desta institución co patrimonio natural.
Saúde e natureza.
Colabora:

Leave A Comment