Este venres, 9 de abril, temos outra cita nos nosos Encontros Naturalistas. Neste caso coñeceremos o estado de conservación dos fentos riparios que están máis ameazados en Galicia da man do Dr. Luis García Quintanilla, quen leva máis de 20 anos traballando con fentos. Luis G. Quintanilla é Profesor na Universidade Rei Juan Carlos. As súas liñas de investigación centranse na especiación poliploide, determinación ambiental do sexo, xenética de poboacións e interaccións entre fentos e vertebrados. 

A emisión será este venres, 9 de abril do 2021, ás 20:30h., baixo o título “Estado de conservación de los helechos riparios más amenazados de Galicia”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!