Este ano foi un ano longo, dificil, pero xa estamos rematandoo. Xunt@s logramos acadar un novo record en número e alcance coas nosas actividades. Este ano estivo cheo de ideas novas, protocolos, gel hidroalcohólico, charlas online, pero sobretodo de natureza. O tempo que poidemos estar no campo o aproveitamos ao máximo e sempre ao voso carón.
Este 2020 coa axuda inestimable d@s nos@s soci@s e colaboradores, para @s que só temos palabras de gratitude, e con moito traballo, ilusión e dedicación, conseguimos sacar adiante 126 actividades que ofrecervos: os nosos Encontros Naturalistas, Falando de Natureza, Actividades exclusivas para @s nos@s soci@s, Escola de naturalistas, Maratón ornitolóxico, Certame de debuxo, Roteiros interpretativos, Xornadas de voluntariado ambiental (Hábitat sen lixo e sen EEI), Charlas e conferencias online, Actividades divulgativas en centros de ensino, Xornadas de apoio a Responsabilidade Social Corporativa…
Contando sempre con vós, as máis de 25.000 persoas que convertéchedes cada iniciativa , tanto presenciais como o novo formato online, nun novo éxito de acollida e asistencia. Non nos queda máis que mostrarvos o noso agradecemento un ano máis.
Na nosa parcela de estudo, estivemos implicados en multitude de proxectos como o da Custodia da Píllara das dunas, Lucanus Cervus, Proxecto Noucho, Inspección praias da Coruña, Informes da biodiversidade de diversos espazos, Proxecto biodiversidade do Monte da fraga da man da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC), censos de ornitolóxicos, Especie do ano da rbMCeTM, etc…
Seguimos adiante cos convenios de colaboración con “Integra Coruña”, Simbiose, CEMMA, Emalcsa, Grupo Lobo ou A Fundación. Destacar o convenio de custodia e voluntariado co Concello da Coruña, que nos permitiu seguir a traballar na extracción de Carpobrotus edulis, na contorna do recén estrenado ENIL da Torre de Hércules. Ademais este 2020 actuamos noutros entornos da comarca a traves das accións medio ambientais en colaboración coa Diputación de A Coruña.
Este 2020 tivemos que reinventar a iniciativa Habitat Protexe durante o confinamento, co Faiado de Hábitat Protexe para colaborar coas entidades de Custodia do Territorio. Fixeronse 14 xornadas de Hábitat Protexe para seguir protexendo o noso chegando aos 926€ recacados.
Realizamos 22 procesos de asesoramento ou denuncia ambiental, sempre intentando aunar esforzos, en prol da protección do medio natural, nos que tamén apoidamos a outras entidades amigas colaborando no desenrolo das súas propias iniciativas.
Este vindeiro 2021 seguiremos medrando grazas á ilusión e dedicación de tod@s @s que formamos esta gran familia, unida pola mesma paixón que é o naturalismo.
Grazas a todos por compartir este ano con nós!!
Saúde e Natureza para o 2021!!
A Xunta Directiva do G.N. Hábitat.

Parabens!! É un orgullo ser socio voso e poder participar nas actividades e iniciativas do GN Hábitat.
Feliz 2021!