O martes 15 de decembro temos prevista unha nova xornada dos Encontros Naturalistas, desta volta orientada ao mundo da xeoloxía.

Contaremos con David Freire-Lista, xeólogo e doutor en Xeoloxía e Enexeñaría Xeolóxica, que ten traballado en varios centros de investigación de todo o mundo en cuestións como procedencia, calidade e deterioro das pedras de construción tradicional, e tamén na posta en valor do patrimonio construido. 

Con esta charla achegarémonos ao patrimonio material e inmaterial asociado ao granito como elemento fundamental na construción tradicional en Galicia, e poderemos coñecer de primeira man as técnicas de estudo empegadas neste eido.

A emisión desta conferencia será en directo, o martes 15 de decembro ás 20:30h. Se estás interesado en participar como público, poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo ao relator.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

 

Agardámoste!