A principios de 2020 o Grupo Naturalista Hábitat iniciou un novo proxecto: a Inspección de Praias da Coruña (IPC).
Pretende continuar co espírito e obxectivos do xa finalizado proxecto FAME (Future of the Atlantic Marine Environment), compilando información relativa a lixos mariños, contaminación e aves mariñas abeiradas para avaliar o estado de saúde dos nosos mares.
A charla será impartida polos coordinadores do proxecto, dous socios de Hábitat, biólogos e doutorandos da Universidade da Coruña: Atocha Ramos Martínez (departamento de Química Analítica Aplicada) e Damián Romay Cousido (departamento de Bioloxía).
Nela explicarán os detalles do proxecto, o traballo feito ata o de agora, e o máis importante: como colaborar con esta iniciativa de cara ao outono e inverno.
Poderás atopar máis información sobre o IPC accedendo ao seguinte apartado da nosa web
A emisión da charla será en directo, o venres 25 de setembro ás 20:30h. Se estás interesado en participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles Facebook ou YouTube, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada as intervencións un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo aos relatores.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Agardámoste!

Leave A Comment