O pasado sábado 26 de maio celebrouse a V Maratón Ornitolóxica Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Esta actividade lúdica consistiu en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, durante un máximo de 18 horas.

Malia previsión meteorolóxica, que deparaba unha xornada acompañada de choivas, 30 observadores animáronse a descubrir a riqueza ornitolóxica da nosa contorna, nun total de 8 equipos participantes. O equipo gañador foi o Equipo número 3, composto por Carla Soaje, Emma Fernández e Daniel Monteagudo, cunha abraiante cifra de 77 especies avistadas e 95 puntos en total.

Equipo gañador

O equipo nº 4, cun total de 69 especies detectadas e 82 puntos, acadou o segundo posto na maratón

Segundo clasificado

Finalmente o equipo nº 5, con 64 especies detectadas e 72 puntos, quedou co terceiro posto na maratón

Terceiro clasificado

Os resultados finais foron estupendos, con 98 especies de aves detectadas en total, a pesar da meteoroloxía adversa. Cifras menores ás acadadas nos anos anteriores, onde se chegaron ás 112 especies, pero que fixeron gozar igualmente a todos os participantes, nenos e maiores.

Este é o resumo das cifras por equipos:

Equipo Nº Especies Puntuación
Equipo 03 77 95
Equipo 04 69 82
Equipo 05 64 72
Equipo 02 59 67
Equipo 07 59 66
Equipo 06 60 62
Equipo 08 43 43
Equipo 01 34 34
Total especies 98

Consulta aquí a lista completa de observacións por especie e Equipo.

O equipo gañador foi obsequiado cun lote de produtos cortesía da Reserva de Biosfera, así como cun diploma acreditativo da súa participación, que tamén recibiron os integrantes do segundo e terceiro equipo clasificado.

A nosa noraboa aos gañadores, e o noso máis sincero agradecemento a tódolos participantes polo seu esforzo, e por facer que cada ano siga a medrar a paixón polas aves da nosa contorna. Así mesmo, queremos dar as grazas ao Concello de Culleredo, que neste 2018 acolle os actos de celebración do aniversario da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, pola súa colaboración e posta a disposición da Aula da Natureza Juan Lembeye para a realización da entrega de premios.

Vémonos na seguinte!!