O vindeiro domingo 10 de xuño, como conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), convidámosche a descubrir a natureza que agocha o Monte da Fraga! Este pequeno enclave, situado nos arredores da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña (Campus da Zapateira), foi foco de restauración por parte desta institución dende o pasado 2006, aplicando criterios de xestión ecolóxica e sustentable, ao tempo que supuxo un punto de encontro para a realización de actividades formativas e de divulgación ambiental. Deste xeito, a actividade pretende impulsar a posta en valor e o coñecendo da flora e fauna presente na súa contorna, en compañía da sociedade.
O roteiro, organizado pola Oficina de Medio Ambiente desta Universidade da man do G.N.Hábitat, terá lugar de 11h a 13h, sendo de balde e aberto ao público. Así e todo, para a asistencia a actividade é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment