O fento Woodwardia radicans ven de ser escollida coma Especie do ano 2017 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Esta especie, relicto do Terciario, está considerada como Vulnerable en Galicia, sendo de especial interese afondar no seu coñecemento, poñendo en valor a necesidade da súa conservación.

Por estes motivos estableceuse un espazo web con información e imaxes sobre esta especie, dende o cal se da acceso ao:

A iniciativa Especie do Ano, que se leva a cabo dendo o pasado 2014 declarando en cada anualidade unha especie concreta como Especie do Ano, remata coa celebración dunha xornada de conferencias, aberta ao público e de balde, onde expertos na materia permítennos ampliar a información sobre as particularidades e necesidades de conservación destas especies. Proximamente publicaremos a data e o programa da xornada deste ano, prevista para celebrarse a finais deste mes de setembro nun espazo da Reserva de Biosfera.