O vindeiro domingo 24 de setembro, baixo o Programa de Voluntariado Ambiental da Fundación
Biodiversidade e DECATHLON ESPAÑA S.A. e coa colaboración do Concello de Santiago, Hábitat desenvolverá unha xornada dirixida á elaboración e instalación de caixas niño para aves nun dos espazos da rede de Parques e Xardíns desta cidade, da man do centro DECATHLON Santiago de Compostela.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar de 10 a 14 horas. As prazas son limitadas, sendo a inscrición obrigatoria a través de web de eventos de DECATHLON para poder participar na actividade. Nesta web deberá escollerse a provincia e tenda correspondente para atopar a actividade desexada, xa que a iniciativa coincidirá con moitas outras que se celebrarán por toda a xeografía peninsular, grazas á participación de numerosos colectivos e voluntarios que traballarán el prol da conservación do patrimonio natural.
Acceso á web de inscrición
Máis información no apartado de Voluntariado Ambiental da web: www.decathlonmedioambiente.es
Agardámosche!

Leave A Comment