Xaco de Toro_imaxe

Na sexta sesión da Escola de Naturalistas 2016 achegarémonos á fotografía da natureza.

Este novo bloque de contidos virá impartido polo compañeiro Xacobo de Toro, quen compaxina a súa labor docente e como asesor científico-técnico no gabinete de Maestros de educaBarrié (Fundación Barrié), coa a paixón pola fotografía da natureza, eido no cal ten acadado varios premios a nivel nacional e internacional.

A charla teórica será o venres 1 de xullo ás 20:30 h no local do G.N.Hábitat. A parte práctica consistirá nunha xornada de campo o sábado 2 de xullo a partir das 17 h, visitando o contorno de Cecebre.