O vindeiro sábado 11 de xuño a Casa das Ciencias, o Grupo Naturalista Hábitat e a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organizan un paseo durante o crepúsculo e comezo da noite no que, acompañados de astrónomos e naturalistas, explicarase que se pode ver, escoitar e sentir a esas horas.
A actividade comezará o venres 10 de xuño, ás 19.00h no planetario da Casa das Ciencias, cunha reunión preparatoria. O sábado 11 de xuño, ás 21.30h, os participantes están citados na área recreativa de San Xoan (Guitiriz) para facer o roteiro guiado.
A actividade é gratuita, sendo as prazas limitadas. Para participar é imprescindible a incrición previa a través do formulario electrónico dispoñible na seguinte ligazón:
Acceso ao formulario de inscrición
A actividade enmárcase como xornada de Encontros Naturalistas de xuño 2016 do G.N.Hábitat.

Leave A Comment