Aproveitando a continuidade da boa previsión meteorolóxica, convidámoste a unha nova andaina pola contorna do río Mero co obxectivo de conectar coa natureza, namentres ollamos á diversidade biolóxica vencellada aos ecosistemas fluviais. Empregando o paseo existente, camiñaremos pola ribeira do río procurando cubrir esta vez un tramo duns 3km de distancia, de dificultade baixa, nas proximidades á Ponte das Insuas (Concello de Cambre).

A actividade enmárcase dentro do programa Coawa, unha iniciativa de Emalcsa que promove o coñecemento da auga, dos ecosistemas que dependen dela e da importancia de facer un uso responsable deste recurso fundamental para a vida. 

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o domingo, 1 de novembro do 2026, ás 16h (a xornada se estenderá, aproximadamente, ata ás 19h). Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Agardámoste!