Dende o G. N. Hábitat continuamos a nosa colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Nesta ocasión, e de novo na sede da Coruña da UIMP (rúa San Francisco, 27. Instalacións da Fundación Luis Seoane: ver localización no mapa), realizaremos o curso “Fruticultura: Caracterización e Conservación das Variedades Locais e Silvestres de Galicia”, para achegarnos en profundidade a esta especialidade que combina coñecementos en biodiversidade, botánica, agricultura e xardinería.

O curso, impartido polos nosos compañeiros Santiago Vázquez e Cosme Damián Romay, se celebrá nas datas do xoves 3 e venres 4 de setembro do 2026, en horario de tarde (ver imaxe co programa). Ao longo destas dúas sesións, e combinando contidos teóricos -xoves- con saídas prácticas -venres, poderás coñecer mellor as árbores froiteiras locais e silvestres, aprender nocións básicas de poda e coidados, así como descubrir boas prácticas para favorecer a biodiversidade e os polinizadores.  

O curso é de balde e aberto ao público. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte correo electrónico:

galiciasa@uimp.es

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de enviar o e-mail non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte da UIMP tamén a través de correo electrónico.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, informa á UIMP da situación á maior brevidade posible para facilitar a participación doutros interesados.

Dúbidas e comentarios en galiciasa@uimp.es

Agardámoste!