Baldaio é un dos espazos naturais máis valiosos do litoral galego, mais décadas de transformacións alteraron profundamente o seu funcionamento ecolóxico. Desde o Grupo Naturalista Hábitat facemos público un manifesto no que reclamamos o impulso dun proxecto integral de rehabilitación ambiental, fundamentado no coñecemento científico, na avaliación rigorosa das distintas alternativas e na participación da poboación local, do sector marisqueiro, da comunidade científica e das entidades sociais.

Leave A Comment