O vindeiro luns, 17 de agosto de 2026, de 21:30 a 00:30 h, achegarémonos á costa de Dexo, en Oleiros, para descubrir o fascinante mundo das avelaíñas, os polinizadores nocturnos que desenvolven a súa actividade cando cae a noite. Durante a xornada realizaremos unha mostraxe mediante trampa de luz, que nos permitirá observar de preto algunhas das especies presentes neste valioso enclave costeiro e coñecer mellor a súa diversidade.

A actividade será tamén unha oportunidade para recoller información sobre as avelaíñas da zona e contribuír á ampliación do catálogo de biodiversidade da costa de Dexo, afondando no coñecemento dos seus ecosistemas e da fauna que os habita. A xornada desenvolverase en colaboración coa Asociación de Veciños de San Antón de Dexo, achegándonos á natureza nocturna deste espazo e descubrindo unha parte da súa biodiversidade que moitas veces pasa desapercibida.

Actividade aberta e gratuíta. As prazas son limitadas. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

Anímate a vivir unha noite chea de descubrimentos!

Dúbidas e comentarios en: inscricion@gnhabitat.org981 135 014  

        avv.sananton@gmail.com │ 677463493