A contorna do areal de Alba (Sabón, Arteixo) atópase ameazado pola presenza de diversas especies de plantas exóticas invasoras que ocupan o espazo, desprazan á flora local e secan o terreo, entre outros problemas. Por iso, levaremos a cabo unha nova xornada de retirada manual dalgunhas destas especies coa rapazada do Campamento DG, de Oleiros, que ademais de botar unha man na mellora ambiental deste espazo, poderán afondar na biodiversidade que o habita. Será nunha dobre sesión, o mércores 19/08/2026 ás 10:00 h e ás 12:00 h.

Esta actividade forma parte do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMPA), e pola Xunta de Galicia. 

Entre tod@s, melloraremos o planeta!