O venres, 14 de agosto, de 21:30 a 00:30 h, achegarémonos á Capela de San Vitorio, en Begonte (Lugo), para descubrir o fascinante mundo das avelaíñas e doutros insectos nocturnos.
Empregando lámpadas entomolóxicas, observaremos de preto os lepidópteros nocturnos da contorna, aprenderemos a diferencialos e coñeceremos a súa importancia nos ecosistemas, así como algunhas das ameazas ás que se enfrontan, como a contaminación lumínica.
Esta actividade ten un custo de:
- Socios/as G.N. Hábitat:
-
-
- Maiores de 14 anos: 8€
- Nenos (menores de 14 anos): 5€
-
- Non Socios/as G.N. Hábitat:
-
- Maiores de 14 anos: 10€
- Nenos (menores de 14 anos): 8€
O importe que se recade destinarase á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa.
Lembramos que para participar é imprescindible realizar a inscrición previa e formalizar o pago dentro do prazo establecido. Non se permitirá a asistencia de persoas que non estean inscritas ou que non teñan completado o proceso de pago en tempo e forma.
Todas as persoas participantes estarán cubertas cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da actividade. Ademais, recibirán toda a información necesaria e as recomendacións oportunas para garantir unha experiencia segura e satisfactoria.
Pregamos compromiso e responsabilidade á hora de asistir. No caso de non poder participar tras confirmar a túa praza, agradeceriamos que nos informaras canto antes. Deste xeito, poderemos ofrecer esa praza a outra persoa interesada e contribuír a que máis xente poida desfrutar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Leave A Comment