Con motivo da vindeira eclipse solar total, organizamos unha nova sesión de Falando de Natureza baixo o título Como se comportará a fauna durante a eclipse?, na que descubriremos algúns dos principais cambios no comportamento dos animais silvestres durante este singular fenómeno astronómico.

A actividade será de balde e aberta ao público, e terá lugar o vindeiro luns, 10 de agosto, ás 20:30 h, no local social do Grupo Naturalista Hábitat.

Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Esta actividade está subvencionada por Deputación da Coruña integrada no Programa de accións ambientais 2026.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!