Por oitavo ano consecutivo o Concello de Carballo lanza o programa Eu ❤️ Razo Baldaio, para continuar co obxectivo de crear hábitos de turismo consciente na contorna litoral, fomentar a participación cidadá e acadar a valorización deste espazo natural protexido, continuando co espírito de que canto máis se coñeza máis se respecte. Neste sentido o Concello, da man das organizacións implicadas, levaremos a cabo diversas xornadas divulgativas e de voluntariado ambiental, ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro do 2026. Un trimestre cheo de actividades nun fermoso marco natural, mais con grupos restrinxidos para achegarse á contorna con sentidiño. 

As accións serán abertas ao público e de balde, e a maioría delas requirián preinscrición e terán as prazas limitadas. Sendo así, para a participación nestas xornadas será imprescindible que os interesados fagan cadansúas solicitudes de praza a través dos formularios online habilitados.

Toda a información detallada do programa, calendario de actividades e vías de inscrición nas actividades, están dispoñibles na web oficial habilitada polo Concello de Carballo…Non deixes de visitala!

O G.N.Hábitat será o encargado de levar a cabo 6 actividades, coas que forneceremos novamente o coñecemento sobre a biodiversidade vencellada a este espazo:

Xullo

Agosto

Setembro

Visita a web do proxecto, anótate nas actividades que desexes e…vémonos no campo!

Enche o teu verán de natureza!