O vindeiro xoves, 11 de xuño, “Natureza kmØ” achegarase ao CEIP de Zalaeta para pasar un ratiño agradable cos máis pequenos, aprendendo sobre os cetáceos. Afondaremos no mundo destes mamíferos mariños, comentando as súas principais características e adaptacións. Falaremos das especies máis habituais na costa da Coruña, coñeceremos a anatomía externa dos golfiños, e aproveitaremos para poñer en valor o traballo desenvolvido pola Rede de Varamentos de Galicia encabezada pol@s compañeir@s da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), e na que dende o G.N.Hábitat mantemos unha colaboración activa.