Os meandros do río Sar, entre os concellos de Padrón e Dodro, acollerán unha nova xornada do programa PLANCTON de voluntariado ambiental organizada por Afundación (Obra Social ABANCA) coa colaboración do Grupo Naturalista Hábitat, o Concello de Padrón, o Concello de Dodro e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. A actividade centrarase na retirada de residuos abandonados nun dos espazos fluviais máis singulares de Galicia, contribuíndo á conservación dos seus hábitats e á mellora da calidade ambiental do río.
Durante a xornada realizarase unha recollida de residuos nas marxes e zonas inundables dos meandros do Sar, evitando que estes materiais poidan continuar o seu percorrido cara ás rías e ao medio mariño. Esta acción permitirá reducir o impacto da contaminación sobre a fauna, a vexetación e os ecosistemas asociados ao río, ao tempo que favorece a sensibilización ambiental das persoas participantes sobre a problemática das basuras dispersas na natureza.
A actividade será aberta ao público, terá lugar o sábado, 6 de xuño de 2026, en horario de 10:00 h a 14:00 h. Debido ás características do percorrido e do traballo a desenvolver, a actividade non está recomendada para menores de 15 anos. Para participar é imprescindible realizar a inscrición previa a través do formulario habilitado na seguinte ligazón:

Leave A Comment