O G. N. Hábitat, en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, organizan na sede da Coruña desta entidade (rúa San Francisco, 27 “Fundación Luis Seoane”), un curso sobre insectos polinizadores, animais absolutamente imprescindibles para a vida na Terra. 

Os compañeiros de Hábitat, Elia Pérez e Manu Cernadas, realizarán na primeira xornada (xoves, 21 de maio do 2026, desde as 17:00 h) unha aproximación teórica á identificación das especies máis comúns, a súa ecoloxía e relación cos seres humanos destes polinizadores, facendo fincapé nas chamadas “boas prácticas” na agricultura, gandeiría e xardinería. O curso culminará o venres, 22 de maio, a partires das 17:00 h cunha saída ao campo nas proximidades de Feáns (A Coruña), na que poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

O curso é de balde e aberto ao público. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte correo electrónico:

galiciasa@uimp.es

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de enviar o e-mail non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte da UIMP tamén a través de correo electrónico.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en galiciasa@uimp.es.

Anímate e ven connosco!