Cada 17 de abril conmemórase o Día de Apreciación dos Morcegos, unha ocasión perfecta para achegarnos a estes fascinantes mamíferos voadores e descubrir a súa importancia nos ecosistemas.
Con este motivo, o vindeiro domingo, 19 de abril de 2026, ás 10:30 h, terá lugar no local do G.N. Hábitat unha charla baixo o título “Morcegos, os grandes descoñecidos”. Nesta sesión faremos un percorrido polos seus hábitos de vida, descubriremos as especies presentes en Galicia, onde se refuxian, exploraremos como funciona a súa sorprendente ecolocalización, e desmontaremos algúns dos mitos máis estendidos arredor destes animais.
Será unha oportunidade para aprender, sorprenderse e mudar a mirada sobre uns animais clave para o equilibrio dos nosos ecosistemas.
Convidámoste a participar nesta actividade e a descubrir o lado máis descoñecido da vida nocturna.
As prazas son limitadas. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat.
Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Agardámoste!

Leave A Comment