Este sábado, 28 de marzo de 2026, de 10:30 a 13:30 h, estaremos na Zona Especial de Conservación (ZEC) Encoro de Abegondo-Cecebre para dar a coñecer o seguimento de bolboretas que realizamos neste espazo natural.
Durante a xornada explicaremos en que consiste este traballo, como se desenvolven os transectos e cal é a súa importancia para coñecer o estado de conservación das especies. Este seguimento lévase a cabo en colaboración coa Sociedad para el Estudio y la Conservación de las Mariposas en España (SOCEME), entidade que coordina este proxecto a nivel estatal.
Unha oportunidade perfecta para achegarse ao mundo das bolboretas e descubrir a importancia do seu estudo para a conservación da biodiversidade.
Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Actividade orientada para maiores de 10 anos. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate connosco!

Leave A Comment