O Grupo Naturalista Hábitat fixo pública unha nova nota de prensa na que solicita ás administracións estatal e autonómica unha aposta decidida pola restauración de novas zonas húmidas en Galicia, máis alá das actuacións xa anunciadas. A entidade valora positivamente os investimentos previstos, pero subliña que a restauración non debería limitarse exclusivamente á Rede Natura 2000 e lembra que existen múltiples humidais galegos, tanto dentro como fóra desta rede, cun alto potencial ecolóxico e con base técnica suficiente para a súa recuperación. Ademais, destaca a necesidade de que todas as intervencións conten con aval científico rigoroso e planificación a longo prazo.

Podes consultar aquí a nota de prensa completa: