O xoves, 14 de agosto de 2025, de 10 a 13 h, un grupo de voluntarias e voluntarios colaboradores do Grupo Naturalista Hábitat estaremos na Lagoa de Alcaián (Coristanco) desenvolvendo unha nova acción do programa Hábitat Sen Lixo.

Durante a xornada realizaremos unha retirada de residuos na contorna da lagoa, co obxectivo de reducir un dos principais problemas de conservación que afectan a este espazo húmido de alto valor ecolóxico.

Trátase dunha actividade organizada cun grupo limitado de persoas colaboradoras, planificada previamente para garantir unha intervención eficaz e respectuosa co medio natural.

Se precisas máis información sobre o programa ou futuras accións, podes escribir a inscricion@gnhabitat.org ou chamar ao 981 135 014.

Anímate a participar connosco!