O martes 4 de febreiro de 2025, de 16:30 a 17:30 h, impartirase unha charla titulada “Unha oportunidade única para redeseñar o porto da Coruña”.

O destinatario é o alumnado do  IES Miraflores (Oleiros), vinculados co proxecto STEAMbach

A conferencia será impartida por persoal técnico do Grupo Naturalista Hábitat, con ampla experiencia en proxectos vinculados á renaturalización e posta en valor de espazos portuarios e litorais, incluíndo os terreos do porto da Coruña que proximamente deixarán de ter uso portuario para dar paso a novos escenarios aínda por definir.