O vindeiro venres, 19 de decembro de 2025, terá lugar un novo obradoiro dentro da iniciativa Habitat Protexe. Convidámoste a participar nesta actividade dedicada á elaboración de coroas e centros de Nadal con elementos naturais, promovendo unha decoración sostible aproveitando os restos das podas dos nosos xardíns.
O obradoiro desenvolverase no Local da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (Abegondo), en horario de 16:30 a 19 h. Durante a sesión, aprenderemos a empregar materiais naturais así como diferentes técnicas para crear unha coroa ou centro artesanal, únicos e personalizados.
A actividade está pensada para todos os públicos, sen necesidade de experiencia previa.
Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa.
-
- Socios/as G.N. Hábitat: 1 coroa / 1 centro: 10€.
- Non Socios/as G.N. Hábitat: 1 coroa / 1 centro: 15 €.
Aviso importante: as persoas que decidan facer un centro de nadal deberán traer o seu propio recipiente, o resto de materiais para realizalo serán proporcionados polo G.N. Hábitat.
As prazas son limitadas. Para poder participar, é obrigatorio realizar unha inscrición previa a través do formulario habilitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición ata completar o número máximo de participantes permitido. Importante: cubrir o formulario non garante a praza ata recibir confirmación expresa por parte do Grupo Naturalista Hábitat.
Tes ata o xoves, 18 de decembro ás 14 h, para inscribirte!!!
No correo de reserva recibirás as indicacións para o pagamento, que xunto coa inscrición previa son imprescindibles para participar. As persoas inscritas estarán cubertas por un seguro de accidentes e responsabilidade civil e recibirán as recomendacións necesarias. Pídese compromiso coa asistencia e avisar se non é posible acudir para ceder a praza a outra persoa.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven a prepararnos para o Nadal!!

Leave A Comment