O vindeiro mércores 10 de decembro de 2025, ás 20:30h, celebraremos unha xornada especial dedicada a coñecer de primeira man o labor dos diferentes grupos de traballo de Hábitat. Ao longo do ano, cada equipo desenvolveu proxectos fundamentais para a conservación da biodiversidade galega, e nesta sesión presentarán os principais resultados e avances acadados.

A actividade será totalmente en liña, retransmitida a través das nosas redes sociais, e aberta a todas as persoas interesadas. Non é preciso inscribirse previamente.

Esta xornada nace co obxectivo de compartir o traballo realizado antes da nosa Asemblea de socios do próximo 13 de decembro, recoñecer o esforzo das persoas voluntarias e animar a que máis xente se sume ás nosas iniciativas. Ademais, servirá para dar a coñecer novas propostas e valorar a creación de futuros grupos de traballo.

Programa da xornada:

  • 20:30 – 20:40 h – Presentación – Elia Pérez
  • 20:40 – 20:45 h – Píllara das Dunas – Roberto Vidal 
  • 20:45 – 20:55 h – Grupo de Anelamento Hércules – Ramón Tenreiro
  • 20:55 – 21:05 h – Grupo de Anelamento Phylloscopus – Alberto Monteagudo
  • 21:05 – 21:20 h – Proxecto Noucho – Atocha Ramos
  • 21:20 – 21:35 h – Asistencia a varamientos CEMMA – Andrés Pereira
  • 21:35 – 21:50 h – Seguimento Vacaloura – Manuel Cernadas
  • 21:50 – 22:05 h – Seguimento de bolboretas (BMS) – Elia Pérez
  • 22:05 – 22:20 h – Proxecto Vixías – Damián Romay
  • 22:20 – 22:30 h – Peche da xornada – Manuel Cernadas

Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014