O pasado domingo 05 de outubro celebramos a XII Maratón Ornitolóxica da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” que este ano formou parte das VII Xornadas sobre ornitoloxía da citada reserva . Esta actividade formativa e lúdica consistiu en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” agás Miño e Sobrado [Territorio Leader Mariñas-Betanzos], durante un máximo de 18 horas.

A meteoroloxía acompañou cunha xornada de sol e bo tempo aos 27 observadores que se animaron a descubrir a riqueza ornitolóxica da nosa contorna, nun total de 7 equipos participantes.

O equipo número 1, formado por Damián Romay, Antonio Platas e María Jesús Casas, non tivo rival e alzouse coa victoria cunha cifra de 93 especies avistadas e 128 puntos en total.

aves

O equipo nº 4, cun total de 81 especies detectadas e 96 puntos, acadou o segundo posto na maratón

Finalmente o equipo nº 2, con 71 especies detectadas e 79 puntos, quedou co terceiro posto na maratón.

Os resultados gloabis foron salientables para a época do ano, chegando as 118 especies de aves detectadas en total ao longo da maratón entre todos os participantes. Cifras que fixeron que tanto monitores como asistentes, gozaran dunha xornada estupenda chea de bos momentos e moitas aves para a lembranza.

Este é o resumo das cifras por equipos:

Equipo Nº Especies Puntuación
Equipo 01 93 128
Equipo 04 81 96
Equipo 02 71 79
Equipo 05 68 78
Equipo 03 67 68
Equipo 06 62 65
Equipo 07 58 65
Total especies 118

 

Consulta aquí a lista completa de observacións por especie e Equipo.

A nosa noraboa aos gañadores, e o noso máis sincero agradecemento a tódolos participantes polo seu esforzo, e por facer que cada ano siga a medrar a paixón polas aves da nosa contorna. Así mesmo, queremos dar as grazas á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo por seguir apostando un ano máis pola realización destas xornadas.

Vémonos na seguinte!!