O Golfo Ártabro é un espazo de gran riqueza natural e paisaxística, onde se combinan fondos mariños cheos de vida coa fauna e flora que non vive submerxida pero si que depende dos mares. Coñecer estes valores é o primeiro paso para protexelos.
Nesta xornada divulgativa realizaremos unha saída nun barco de vela, un medio de navegación sostible e de baixo impacto ambiental, para descubrir os segredos oceanográficos e a biodiversidade do noso mar. Observaremos aves e, con algo de sorte, tamén golfiños ou outras especies mariñas que habitan o Golfo Ártabro.
Esta acción enmárcase dentro do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), e pola Xunta de Galicia.

Leave A Comment