Marco e financiamento
Este apoio chega da man da Orde do 12 de febreiro de 2025, no marco da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Sur. O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) da Unión Europea (70 %) e pola Xunta de Galicia (30 %), cunha contía total de 50.103,49 €, o 100 % do custo subvencionable.
Obxectivos do proxecto
- Avaliar e monitorizar a presenza de flora exótica invasora no litoral do Golfo Ártabro Sur.
- Fomentar a recuperación ambiental e a conservación do litoral.
- Promover o coñecemento, a sensibilización e a participación cidadá.
- Contribuír á valorización dos recursos mariños e pesqueiros locais.
Actuacións previstas
As accións desenvolveranse no litoral dos concellos do ámbito do GALP Golfo Ártabro Sur e estruturaranse nas seguintes liñas:
- Detección e cartografía das especies exóticas invasoras.
- Retirada manual de flora invasora con participación de voluntariado.
- Campañas de recollida de residuos en espazos naturais costeiros.
- Faladoiros divulgativos dirixidos a centros educativos, confrarías, colectivos e veciñanza.
- Rutas terrestres e mariñas para conectar á poboación co medio natural que a rodea.

Leave A Comment