Celebramos a recentísima publicación dun libro divulgativo sobre a natureza galega: “As Histórias da Galiza Natural”, escrito por João Aveledo, por vía da editorial Através. Un libro “feito com mimo, armado devagar durante uma vida inteira de caminhadas das ribeiras do Návia às do Douro, da Costa da Morte aos Montes de Leão, por terras mornas e húmidas, entre granitos e xistos”. E para dalo a coñecer, organizamos para o venres, 5 de setembro, ás 20:30 h, un faladoiro de balde e aberto ao público, en formato exclusivamente presencial, no local social do G.N. Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña – ver localización no mapa –). Nel asistirán tanto o autor como o catedrático en paleontoloxía da Universidade da Coruña, o Dr. Roberto Bao Casal. A xornada finalizará coa venda e sinatura de libros, para quen desexe facerse cun exemplar.

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!