Un ano máis, temos o pracer de anunciar a celebración da que será a XII xornada no marco da iniciativa “Especie do ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo“. Nesta edición 2025 a protagonista será a Toniña (Phocoena phocoena), mamífero mariño de pequeno tamaño e en clara regresión, sendo o que presenta un maior risco de desaparición no medio natural a causa da súa vulnerabilidade fronte á contaminación e ás capturas accidentais.
Se queres coñecer en detalle os cetáceos presentes nas nosas costas e as ameazas ás que se enfrontan, profundizar na ecoloxía e na situación da toniña, e mesmo coñecer o traballo que desenvolve a Rede de Varamentos de Galicia, non te podes perder esta oportunidade. Da man de oceanógraf@s, veterinari@s e biólog@s vinculados á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), sumerxirémonos nas augas do Atlántico para gozar dunha mañá chea de relatorios e experiencias prácticas.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o sábado 6 de setembro do 2025, de 09:30 a 14h, nas instalacións do Museo do Mar de Sorrizo (Lugar Porto, 4. 15144. Arteixo – ver localización no mapa –).
Podes descargar o cartel co programa completo da xornada premendo na seguinte ligazón
Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment