No marco dos nosos obradoiros ambientais, propoñémosvos unha sesión para descubrir unha ciencia fascinante: a paleontoloxía, que desde hai séculos nos axuda a comprender como era o mundo millóns de anos atrás. Unha disciplina que continúa evolucionando hoxe en día grazas ás novas tecnoloxías e á curiosidade científica!
Será unha xornada na que falaremos de fósiles: que son, como se forman,… Descubriremos algúns dos máis emblemáticos de España, pero tamén aqueles que se poden atopar aquí mesmo, na Coruña. A continuación pasaremos á práctica: experimentaremos cos procesos de fósilización, e aprenderemos as técnicas utilizadas pol@s paleontólog@s para estudar o pasado máis remoto da Terra.
A actividade, de balde e dirixida á rapazada maior de 8 anos, terá lugar o venres 22 do agosto do 2025, ás 17h, no local social do G.N. Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña – ver localización no mapa –). Os menores de idade deberán estar acompañados dun adulto. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment