O xoves, 14 de agosto de 2025, de 22 a 01h, convidámoste a participar nun novo Encontro Naturalista, desta vez na Lagoa de Alcaián, en Coristanco, un espazo natural de gran valor ecolóxico. Faremos unha mostraxe de avelaíñas e empregaremos técnicas específicas para atraer e identificar diferentes especies presentes na contorna da lagoa, un espazo de gran valor ecolóxico. Será unha ocasión perfecta para coñecer mellor a súa diversidade.

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición. A reserva non será efectiva ata recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico facilitado no formulario.

Se tes dúbidas ou precisas máis información, podes escribir a inscricion@gnhabitat.org ou chamar ao 981 135 014.

Anímate a participar connosco!