O próximo domingo, 6 de xullo do 2025, de 09:30 a 14h, celebraremos un Curso de Macrofotografía impartido por Ismael Espasandín, no que aprenderemos a sacar o máximo partido ás nosas fotografías de invertebrados, plantas e outros grupos da fauna, realzando os seus detalles a través da técnica macro.
A actividade terá lugar na Casa do Pobo de Dexo, sede da Asociación de Veciños de San Antón de Dexo (Oleiros).
Ismael é graduado en Bioloxía pola Universidade da Coruña e actualmente traballa no Aquarium Finisterrae. Dedica boa parte do seu tempo ao estudo dos anfibios e réptiles, un grupo de animais frecuentemente rexeitados, aos que trata de achegar ao público a través da fotografía, amosando a súa beleza e importancia ecolóxica.
O curso dividirase en dúas partes: nunha sesión formativa teórica na Casa do Pobo de Dexo de 09:30 a 11h e unha saída práctica de 11 a 14h, pola contorna natural da Costa de Dexo (Oleiros).
A actividade está dirixida a estudantes e naturalistas entusiastas maiores de 14 anos. Para participar é imprescindible reservar praza mediante o formulario habilitado, xa que as prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Ao rematar, entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento co número de horas prácticas realizadas.
Tes ata o venres, 4 de xullo do 2025, ás 14h para inscribirte!!
Este curso ten un custo de:
- Socios/as G.N. Hábitat e da A.V.V. de San Antón de Dexo: 15 €
- Non Socios/as: 25 €
Non perdas esta oportunidade única de mellorar as túas habilidades na fotografía macro da man de Ismael!

Leave A Comment