Seguimos con forza coas actividades do programa Hábitat sen E.E.I. Desta volta, volvemos ao Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules para continuar coa retirada da especie exótica invasora coñecida como uña de gato (Carpobrotus spp.), entre outras que alí se espallan comprometendo e restrinxindo a comunidade vexetal nativa.
*Sabías que na contorna natural da Torre de Hércules, un dos hábitats de interese comunitaria máis representativo (entre outros presentes) son os denominados “Queirogais secos europeos”. Trátase de formacións arbustivas de tamaño medio a baixo, dominadas por especies leñosas das familias Ericaceae (entre as que se atopan as “Queirogas” ou Ericas) e Fabaceae (entre as que se atopa o toxo). Todo un espectáculo de cor e vida, ameazado polas especies invasoras. Precisamos da túa axuda!
A vindeira actividade, de balde e aberta ao público, terá lugar o sábado 14 de xuño do 2025, ás 10:30h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste para continuar recuperando o noso patrimonio natural!

Leave A Comment